O campus de Ferrol entrega os premios do I Concurso Humanísimos de Microrrelatos, Fotografía de Bibliotecas e Monólogos

Nota de prensa
13/07/18 13:04
  • Institucional

Ferrol, 13 de xullo de 2018.- O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación acollerá mañá, sábado 14 de xullo, ás 12:00 horas, o acto de entrega dos premios do I Concurso Humanísimos que promoven a Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e mais o Campus Industrial da Universidade da Coruña. Estudantes de ESO e Bacharelato de toda Galicia remitiron os seus microrrelatos, fotografías de bibliotecas e monólogos para optar a un premio en cada unha destas categorías. O reitor, Julio Abalde, fará entrega dos premios aos galardonados.

“O meu primeiro día na universidade” foi a temática tratada nos microrrelatos e monólogos. No que atinxe ás fotografías, estas serviron para pór en valor as bibliotecas e fomentar a lectura entre os máis novos. Gañadores e finalistas recibirán un exemplar da publicación que recolle os mellores traballos desta edición.

 

I Concurso Humanísimos de Microrrelatos

Categoría ESO

  • Premio á Gañadora: “Un tren, o primeiro de moitos” de Carmen González Fernández ( IES Fraga do Eume de Pontedeume)

A publicación editada pola Universidade da Coruña recollerá tamén o seguintes microrrelatos:

  • “Nun efímero instante” de Sabela Rodríguez Vázquez (CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha da Coruña)
  • “Memorias dunha cirurxiá” de Noela Sanjurjo Carballeira (IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela)
  • “Nova Oportunidade” de Erea Sanjurjo Carballeira (IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela)
  • “Relato de sensacións” de Martín Hoyos Traba (Colexio Cristo Rey de Ferrrol)

Categoría Bacharelato

  • Premio á gañadora: “Marte” de Alicia López Videla (IES Virxe do Mar de Noia)
  • Finalista: “Cambios” de Marta Nogueira Blanco (Colexio Miralba de Vigo)

 A publicación editada pola Universidade da Coruña recollerá tamén o seguintes microrrelatos:

  • “Agora ou nunca” de María Angélica Estévez (IES de Sar de Santiago de Compostela)
  • “Final feliz ou catastrófico?’” de Beatriz Crespo Viruleg (Colexio Miralba de Vigo)
  • “Esperanzas do onte” de Yerai Orts Covelo (Colexio Miralba de Vigo)

O xurado estivo presidido pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, e integrado polo director do Campus Industrial, Ginés Nicolás Costa, o escritor Antonio Manuel Fraga, a profesora e escritora Ánxela Loureiro, a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela Santos, e a xefa de Comunicación da Universidade da Coruña, María Ares, quen actuou como secretaria.

 

I Concurso Humanísimos de Fotografía de Bibliotecas

Categoría ESO

Premio á gañadora: “Nadando entre letras” de María Angélica Álvarez Estévez (IES de Sar de Santiago de Compostela)

 A publicación editada pola Universidade da Coruña recollerá o seguintes fotografías:

  • “Encontros na Casa do Patín” de Javier Acción García (IES Concepción Arenal de Ferrol)

Categoría Bacharelato

 Premio ao gañador: “Literatura Universal” de Pedro Figueroa Núñez (Colexio Miralba de Vigo)

 A publicación editada pola Universidade da Coruña recollerá tamén as seguintes fotografías:

  • Máquina do tempo” de Paula Sanchoyerto Rodríguez (IES Castro de Baroncceli de Verín)
  • “Lendo e soñando” de Nerea Yáñez Maseda (IES Alfoz do Valadouro)
  • “Aprendendo a vivir” de Andrea González Pereira (IES do Barral de Ponteareas)
  • “Chani, a miña compañeira de lectura” de Ainhoa Fernández Espada (IES Ánxel Fole de Lugo)
  • “Combinar é sinxelo” de Marta Vigo Martínez (CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha da Coruña)

O xurado estivo presidido pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, e integrado polo director do Campus Industrial, Ginés Nicolás Costa, a fotógrafa Helena Segura Torrella, o profesor da Universidade da Coruña, Jesús Cardenal, o artista plástico e concelleiro de Cultura de Ferrol, Suso Basterrechea, e a xefa de Comunicación da Universidade da Coruña, María Ares, quen actuou como secretaria.

 

I Concurso Humanísimos de Monólogos

 Categoría ESO

 Premio á gañadora: Carmela Saborido Castro (IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes)

  • Finalista: Carmen Abeledo Romeu (CPR Nosa Señora do Carme de Betanzos)

Categoría Bacharelato

 Deserto

 O xurado estivo presidido pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, e integrado polo director do Campus Industrial, Ginés Nicolás Costa, o profesor da Universidade da Coruña, José María Rolón, a actriz Mabel Rivera, a profesora de Artes Escénicas, María Pilar (Pin) Patiño, e a xefa de Comunicación da Universidade da Coruña, María Ares, quen actuou como secretaria.

 

Publicado por: Gabinete de comunicación da UDC