O TFG da alumna Marta vidal Patiño premiado no concurso nacional “Playas sen límites”

16/09/25 15:47

A alumna da Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, Marta Vidal Patiño, foi galardoada no concurso nacional “Playas sin límites”, organizado polo grupo de destinos homónimo, no que participan a Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas. Recollerá o galardón en Madrid o mércores día 17 de setembro no Salón de Actos da SETUR (Secretaría de Turismo de España)


O certame, de carácter nacional, distingue un traballo por cada destino participante. No caso das Rías Baixas, o recoñecemento recaeu no Traballo de Fin de Grao (TFG) titulado “Plan Interpretativo sobre o Patrimonio Inmaterial Mariñeiro do Municipio de Bueu”, dirixido pola profesora María Elvira Lezcano González. O proxecto premiado propón un plan interpretativo para poñer de relevo o patrimonio mariñeiro inmaterial do municipio de Bueu.

Nova en El Ideal gallego

Vidal Patiño

Vidal Patiño

Vidal Patiño

Vidal Patiño

Publicado por: Facultade de Turismo