A Coruña, 27 de novembro de 2023.- Este martes, 28 de novembro, ás 10:00 horas, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña, CITIC, organiza o seu décimo sexto almorzo TIC Talk, o foro do persoal de investigación do centro.
O primeiro relatorio será impartido por Miguel Anxo Pérez Vila, e levará por título “Semantic Similarity Models for Depression Severity Estimation”. Miguel Anxo Pérez é profesor contratado na área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña. Ademais, pertence ao Grupo de Investigación Information Retrieval Lab (IRlab), que dirixe o catedrático Álvaro Barreiro García.
O segundo relatorio será a cargo de Pablo Gutiérrez-Asorey, baixo o título “Compact Data Structures and Indoor Trajectories”. Gutiérrez-Asorey é profesor contratado predoutoral da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos e pertence ao Grupo de Investigación Laboratorio de Bases de Datos (LBD), coordinado por Miguel Ángel Rodríguez Luaces,
Os almorzos TIC Talk reúnen mensualmente na Sala Cloud do CITIC ao persoal investigador do centro. O obxectivo é dar a coñecer os seus traballos e promover a comunicación entre os participantes e o público asistente.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC