O CUFIE únese ao proxecto HERIT financiado polo programa Erasmus+

14/07/21 12:01

O CUFIE, xunto co grupo de investigación sobre Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde (TALIONIS), pertencente ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), e o Grupo de Estudos Territoriais (GET), formará parte dun grupo de 7 entidades europeas que traballarán no proxecto HERIT.

HERIT (Heritage Efficient management through Relevant IT use) é un proxecto financiado polo programa Erasmus+ que ten como obxectivo xeral apoiar e impulsar a preparación en materia de educación dixital das/os propietarias/os privadas/os de casas históricas, axudándolles a facer fronte ao impacto da situación derivada de COVID-19 no turismo cultural, así como subliñar a importancia das casas históricas de propiedade privada e a súa crucial contribución ao patrimonio cultural europeo. 

O elemento central de HERIT é a creación dun curso en liña masivo e aberto (MOOC) destinado especificamente ás/os propietarias/os privadas/os de casas históricas. As principais finalidades do curso son dotarlles de habilidades e coñecementos adecuados para manter os seus edificios históricos (en materia de desenvolvemento empresarial, competencias dixitais, marco normativo e xurídico, etc.), e mellorar a súa experiencia no uso de ferramentas dixitais. 

Publicado por: Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa