O CITEEC da Universidade da Coruña colabora no proxecto “Steel Free Heavy Pontoons”, que bota a andar os primeiros pantaláns sostibles en Vigo

Nota de prensa

4/03/24 13:58

  • Institucional

A Coruña, 4 de marzo de 2024.- Os docentes Mª Belén González Fonteboa e Fernando Martínez Abella, do Grupo de Investigación gCons (Grupo de Construción), que forma parte do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña; participan xunto cun consorcio de empresas formado por Aquática Ingeniería Civil SL e Ronáutica Marinas SLU, en colaboración coa empresa AD HOC SMART SOLUTIONS SL, no proxecto “STEEL FREE HEAVY PONTOONS”.

Esta iniciativa está subvencionada con 587.507,23€ a través da convocatoria de axudas públicas no marco do Plan de Impulso ao Emprendemento para a Innovación no Sector Portuario (Puertos 4.0) e consiste na instalación na Ría de Vigo de novos pantaláns, formados por estruturas de formigón modulables realizadas con chasis de polímeros reforzados con fibras (PRF). Isto suporá unha mellora nas características de flotabilidade e estabilidade fronte aos pantaláns de aluminio, e garantirá unha durabilidade superior que a dos de formigón armado, que son a maioría dos instalados na Ría, ao non contar con elementos metálicos na súa construción.

O pasado mes de xaneiro, no marco deste proxecto, tivo lugar a botadura destes novos pantaláns sostibles, que formarán parte da dársena de A Laxe, en Vigo.

 

A participación do Grupo gCons

A participación do grupo de investigación gCons dentro do proxecto ten como obxectivo demostrar que esta tecnoloxía é válida nas condicións de traballo, e colaborar na súa implantación no mercado. Para iso, levaron a cabo no CITEEC diferentes ensaios experimentais. Entre eles, destacan os de adherencia entre os perfís pultrusionados de polímeros reforzados e o formigón, ensaios dos elementos de unión entre perfís pultrusionados, e o deseño e os ensaios de caracterización do formigón usado para os pantaláns. Tamén se realizou o cálculo das solicitacións e cargas ás que estará sometido o pantalán de formigón con chasis de PRF.

 

A pultrusión

A pultrusión é un proceso automatizado para producir perfiles con reforzo de fibra, tamén chamados perfiles pultrusionados ou perfiles RFV. Neste proceso de fabricación continua, prodúcese un perfil mediante a combinación específica de reforzos de fibra e sistemas de resina, ofrecendo un alto grao de liberdade de deseño.

 

O CITEEC

O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña foi creado no ano 2000 co obxectivo de mellorar a investigación e o estudo no ámbito da construción, na súa vertente de edificación e de enxeñaría civil, desde a óptica da análise experimental.

O CITEEC desenvolve tres áreas clave de actividade, coincidindo cos tres pilares da investigación universitaria:

  • Promoción da investigación básica: realizar estudos para ampliar o coñecemento en todos los campos relacionados coa enxeñaría civil.
  • Investigación aplicada: o CITEEC serve como soporte para proxectos de investigación en colaboración con empresas e organismos.
  • Consultoría a empresas e institucións: o CITEEC é un marco moi notable, único en Galicia, a disposición de empresas e institucións mediante acordos de cooperación para apoiar a realización de proxectos ou actividades que require estudos de modelos físicos, ou estudios de infraestrutura en detalle.

 

Foto 1: Botadura do pantalán na dársena da Laxe en Vigo

Foto 2: Ensaios levados a cabo no CITEEC

P9220112

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC