A Coruña, 12 de febreiro de 2019.- A sala de intervención cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, acollerá mañá a inauguración da exposición EXIT. Camiñando coa pintura e poesía_ARTencontros. Esta mostra está baseada no traballo feito no obradoiro de creación gráfica, pictórica e audiovisual a partir da poesía de Eva Veiga, nun traballo dirixido por Gosia Trebacz, que á súa vez é a comisaria da exposición.
Xunto con Trebacz, participarán mañá na sesión de inauguración ás 19:30 horas, o reitor, Julio Abalde, e Eva Veiga. Haberá un concerto de Eloy Vázquez (guitarra) e Susana Pérez (clarinete), coa presentación de Miguel Melero.
Participan na exposición Ana Alonso, Bego Tojo, Begoña Pastoriza, José Fonticoba, Lola Saavedra, Luisa Valdés, Malena Carballo e Rosa Catoira.
A Área de Cultura da UDC organiza ao fío desta mostra varios obradoiros de creación con Gosia Trebacz co seguinte calendario:
Os obradoiros serán de balde e limitados a 10 prazas por quenda, A matrícula farase en :normal.comunicacion@udc.es. Máis información: https://goo.gl/HbmbLS
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC