Mensaxe saudable REUS, Decembro 2019

9/12/19 14:34

Prevención do contaxio por VIH, elabora a Universitat Jaume I, por un obxectivo común.

Descargar Infografía.

Actualmente, case 38 millóns de persoas están afectadas en todo o mundo de VIH. A nivel estatal, as taxas de novos diagnósticos son superiores á media de Europa Occidental e o diagnóstico tardío é elevado. Das accións que se están tomando para reducir esta prevalencia, destacan as medidas de prevención e promoción da saúde, dada a importancia de sensibilizar á poboación sobre esta infección e diminuír as condutas de risco asociadas, como o sexo sen protección, que actualmente é a vía de transmisión máis frecuente, alcanzando ao redor dun 80% nas novas infeccións.
O 47,6% dos casos supón un diagnóstico tardío. Por iso, a detección temperá desta infección cobra un papel moi relevante nas campañas de prevención do VIH, xa que permitiría, por unha banda, ofrecer un tratamento desde as primeiras etapas da enfermidade e, doutra banda, previr novas transmisións a causa do descoñecemento da infección.

Así pois, máis aló da abordaxe farmacolóxica, a infección por VIH aínda presenta moitos retos de atención como son: a prevención primaria, a detección precoz e o acompañamento ás persoas que están afectadas, que aínda, hoxe en día, sofren o estigma e discriminación que leva o VIH.

Máis información   

Publicado por: UDC Saudable