Información sobre a matrícula
A matrícula farase en liña. O prazo de matrícula comprenderá do día 8 até o 24 de xaneiro de 2020, ambos incluídos.
As persoas que sexan novas usuarias da Área de Cultura terán que rexistrarse antes de facer a matrícula. Premerán na opción Autentificacion NON Universitarios e Familiares, e a seguir en Rexistrarse. Despois de completar o formulario, recibirán no seu correo electrónico os datos necesarios para matricularse.
A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender os cursos que non cheguen ao mínimo de cinco persoas matriculadas.
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 03/12/2019).
Prezos
Os prezos de matrícula nos obradoiros serán os seguintes:
Importante:
Os prezos dos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como público xeral, inclúen seguro de accidentes.
As persoas desempregadas ou que teñan acreditada unha discapacidade igual o superior ao 33% deberán facer a matrícula presencialmente na oficina da Área de Cultura do campus de Ferrol e achegar a documentación que xustifique estas circunstancias.
As incidencias que se produzan durante a matrícula en liña dos obradoiros serán atendidas no enderezo de correo electrónico cultura.ferrol@udc.gal e no número de teléfono 881 013 697 en quenda de mañá.
Lista de cursos ofertados:
Procedemento de matrícula:
O pagamento da matrícula farase acudindo a unha entidade bancaria co impreso denominado Folla de inscrición, ou ben en liña seguindo estes pasos:

Publicado por: Cultura