Marzo Ambiental 2020

27/02/20 13:30
  • Medio ambiente

Do 2 ao 18 de marzo

Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio

O Marzo Ambiental 2020 na UDC enmárcanse no curso CAMPUS, CASA, CIDADE: LABORATORIOS DO CAMBIO, III Edición do Proxecto Educando para a Sustentabilidade da UDC e Fundación Alcoa.

Tríptico coa programación: descarga aquí

Programa completo e mais información:

https://www.udc.es/gl/sociedade/medio_ambiente/curso/

Trátase de un curso práctico e multidisciplinar para formar á comunidade universitaria nos conceptos básicos da sustentabilidade ambiental e social, e desenvolver capacidades para actuar naquelas cuestións hoxe prioritarias.

O programa inclúe diferentes módulos de participación, en forma de conferencias, sesións formativas teórico-prácticas, visitas técnicas, obradoiros e traballo de campo monitorizado e autónomo.  Combina actividades individuais e en grupo, e fai uso da vivenda, a cidade e o campus como lugares de estudo e experimentación, e das TIC como ferramentas de xeorreferenciación participativa e traballo en rede. Aos relatores e relatoras da universidade únense profesionais de diferentes entidades sociais e privadas así como persoas expertas de recoñecido prestixio internacional.

Os contidos do Marzo Ambiental 2020, alén de seren variados na temática de sustentabilidade, nesta 3ª convocatoria terán especial relevancia os relacionados con Emerxencia climática, Saúde, Green Campus, Enerxía, Auga, Residuos, Ecodeseño e Pegada ecolóxica.

O groso da programación levarase a cabo entre o 2 e o 18 de marzo, podendo escollerse o tema, o lugar e o momento da participación.

Grazas á implicación do alumnado e profesorado da UDC desde diferentes áreas de coñecemento, este proxecto chegou a mais de 3.500 persoas na súa traxectoria, representando un 63% de aumento na segunda convocatoria respecto á primeira.  Indican estas cifras o interese crecente da comunidade universitaria en materia de sustentabilidade e medio ambiente, que agardamos continúe na presente convocatoria. A sustentabilidade, eixo estratéxico da UDC, refórzase coa creación do Campus Sustentabilidade e a ampliación do Programa Green Campus, concedéndose xa un total de 7 bandeiras verdes á UDC dentro de este programa.  A UDC consegue así recoñecemento, situándose no 3º posto en España e no posto 85 a nivel internacional no eido de Universidades Sustentables, segundo a valoración Green Metric 2019 con 780 Universidades presentadas en todo o mundo.

Este programa conta coa colaboración da Fundación Alcoa, que por terceiro ano consecutivo achega parte do seu financiamento. A Fundación Alcoa colabora con diferentes organizacións e institucións respaldando proxectos en beneficio das comunidades nas que a compañía está presente, principalmente nas áreas de educación, formación, medio ambiente e sustentabilidade.

 

Tríptico coa programación: descarga aquí

Programa completo e mais información:

https://www.udc.es/gl/sociedade/medio_ambiente/curso/

Cartaz_Marzo_Ambiental_2020

Publicado por: Oficina de Medio Ambiente