Martes 7 de outubro: Ábrese novo prazo de solicitude de bicicletas da UDC.

2/10/25 10:32

  • Medio ambiente
A Oficina de Sustentabilidade (OdS-UDC) dáche a benvida ao curso 2025/2026 facilitando o préstamo de bicicletas para a comunidade universitaria, e abre un novo prazo de solicitude o vindeiro martes 7 de outubro para bicicletas convencionais e pregables, nos Campus da Coruña e Ferrol. CARACTERÍSTICAS DAS BICICLETAS DA UDC
 
Prazo de solicitude e pagamento aberto ata o día 12 de outubro. Unha vez esgotado o nº dispoñible en cada modalidade, non será posíbel rexistrar máis pagamentos e a persoa poderá anotarse en lista de agarda.
 
O reparto das bicicletas será o día 15 de outubro, sen prexuízo de cambio por necesidade xustificada.
 
Taxas: (a) Bicicletas convencionais: 10€ alumnado, 20€ persoal, (b) Bicicletas pregables: 20€ alumnado, 40€ persoal. LIGAZÓN DE PAGAMENTO UDC XEST. 
 
Período de préstamo: desde o día de entrega ata o 17 de xullo de 2026, podendo escoller entre varias datas de devolución que lle serán comunicadas ao correo-e persoal da UDC. A devolución tamén poderá ter lugar antes, por iniciativa da persoa usuaria, en data acordada coa OdS-UDC.
 
Toda a información na ligazón: CONVOCATORIA PRÉSTAMO BICIS UDC CURSO 2025-2026 (LECTURA IMPORTANTE: condicións do préstamo, período, taxas, contacto...)
 
O obxectivo deste programa é o de promover o emprego da bicicleta como vehículo para a mobilidade sustentábel, facilitando o acceso a unha bicicleta a aquelas persoas interesadas en facer uso da mesma para desprazarse aos centros universitarios.
O uso da bicicleta como medio de transporte reduce a conxestión do tráfico, mellora a calidade ambiental nas cidades, contribúe a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, e mellora a saúde das persoas que fan uso delas.
 

Publicado por: Oficina de Sustentabilidade