Máis de 600 alumnos de todos os continentes estudan este curso na Universidade da Coruña

Nota de prensa
12/02/19 14:34
  • Institucional

A Coruña, 12 de febreiro de 2019.- A Universidade da Coruña recibe este curso nas súas aulas un total de 648 estudantes estranxeiros, dos que 245 acaban de incorporarse neste segundo cuadrimestre. O reitor, Julio Abalde, recibiu esta mañá ao novo alumnado Erasmus e de intercambio xunto coa vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor, e a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, nun acto que tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa.

A distribución deste novo alumnado por países de orixe é a seguinte:  14 Arxentina, 3 Armenia, 2 Austria, 2 Bélgica, 11 Brasil, 2 Bulgaria, 2 Chile, 12 Colombia, 3 Costa Rica, 2 Croacia , 5 Chipre, 8 República Checa, 1 Finlandia, 1 Estonia, 1 Francia, 2 Georgia, 13 Alemaña, 1 Grecia, 4 Hungría, 32 Italia, 5 Corea, 1 Lituania, 48 México, 2 Países Baixos, 1 Noruega, 1 Perú, 10 Polonia, 16 Portugal, 15 Romanía, 2 Eslovaquia, 2 Eslovenia, 7 Turquía e 2 de Uruguai.

O reitor agradeceu ao estudantado a elección da UDC para a súa formación académica e persoal e explicoulles que viñan a unha cidade “moi acolledora”. Desexou aos novos estudantes coruñeses unha estadía “enriquecedora desde o punto de vista formativo e tamén persoal”. Abalde animounos tamén a coñecer a cultura galega e o idioma propio de Galicia. Pola súa banda, a vicerreitora de Estudantes deu conta das numerosas actividades culturais e deportivas nas que poden participar os alumnos e a vicerreitora de Internacionalización, para finalizar as intervencións oficiais, cun discurso en español e inglés destacou todos os programas académicos internacionais que ofrece a UDC, incluída a exitosa International Summer School.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC