Listaxe de admitidos/as ao Curso de Iniciación á Lingua de Signos

8/11/19 8:36

A Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e a Unidade de Atención á Diversidade en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra oferta o Curso de Iniciación á Lingua de Signos A1.1:

Obxectivos:

  • Adquirir un nivel de comprensión e expresión en Lingua de Signos que permita calquera intercambio comunicativo en situacións e contextos variados, provocando unha reflexión na comunidade oínte acerca da Cultura Xorda e a Lingua de Signos, ao mesmo tempo que facilitamos a comunicación entre persoas xordas e persoas oíntes

Datas e horario:

  • Do 12 de novembro ao 19 de decembro: Martes e xoves de 17:00 a 19:30 horas

Lugar de realización: Aula -1.3 do Edificio de Apoio ao Estudo (Campus de Ferrol)

Duración: 30 horas

Destinatarios: Alumnado, PDI e PAS da Universidade da Coruña

Prazas: 20 prazas

Inscrición: No seguinte formulario de preinscrición, desde o luns 28 de outubro de 2019 ás 10:00 horas ata o domingo 3 de novembro ás 23:59 horas. A admisión no curso realizaranse por riguroso orde de preinscrición.

* Certificarase a asistencia como curso de formación en atención á diversidade ademáis de que se recoñecerá ao alumnado 3 créditos nas titulacións de grao (Resolución Reitoral do 16/10/2017 da UDC)

 Listaxe de admitidos/as

Publicado por: Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa