Inscrición no curso semipresencial "Políticas de igualdade e prevención e sensibilización contra a violencia de xénero"

1/10/19 10:13

A Oficina para a Igualdade de Xénero en colaboración co CUFIE a través do Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña oferta o seguinte curso semipresencial:

Políticas de igualdade e prevención e sensibilización contra a violencia de xénero

Obxectivos:

  • Dar a coñecer as principais políticas de igualdade e de prevención e actuación fronte a violencia de xénero.
  • Introducir e divulgar o II Plan de Igualdade da UDC.
  • Introducir e divulgar o Protocolo de Prevención e actuación fronte ao acoso sexual e por razón de sexo da UDC.

Programa:

  • MÓDULO I. Xénero e igualdade
  • MÓDULO II. Violencia de xénero. Características e manifestacións.
  • MÓDULO III. Normativa da UDC.

Datas e horario: 15 de outubro de 2019 de 9:30 a 13:30 horas (sesión presencial) / 1 mes dende o obradoiro (parte virtual)

Lugar de realización: Aula 4 - Pavillón de estudantes, andar -1 (Campus de Elviña) / moodle.udc.es

Duración: 12 horas

Destinatarios: PDI e estudantes de doutoramento da Universidade da Coruña

Prazas: 30 prazas

Inscrición: No seguinte formulario de preinscrición, desde o mércores 2 de outubro ás 10:00 horas ata o mércores 9 de outubro de 2019 ás 23:59 horas. A admisión no curso realizaranse por riguroso orde de preinscrición.

 Ficha do curso

Publicado por: Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa