Inscrición IV Xornadas sobre diversidade na universidade (3 de decembro de 2019)

27/11/19 13:00

A Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña organiza a IV Xornadas sobre diversidade na universidade co obxectivo de visibilizar e sensibilizar á comunidade universitaria, así como á poboación en xeral, sobre importancia da accesibilidade cognitiva:


DATAS:
Martes 3 de decembro de 2019


HORARIO:
De 9:00 h a 20:00 h

 

LUGAR: Sesión de mañá - Salón de actos da Facultade de Economía e Empresa. Campus de  Elviña (A Coruña) / Sesión de tarde - Aulas da mesma facultade

 

PROGRAMA DAS XORNADAS: Podedes descargar o programa neste enlace: "Penso logo Son"

 

CUSTO: A Xornada é de balde, mais este ano temos un acordo coa Cociña Económica e pedímosvos que aportedes un kilogramo ou un litro dos seguintes productos: aceite de xirasol, garbanzos, lentellas, fabas, sal, cafe molido natual e/ou azucre. Recolleremos os produtos na porta das xornadas, agradecemos de antemás a vosa aportación.

 

CERTIFICACIÓN: Ao remate da xornada emitiráse unha certificación de participación nas mesmas. Para o alumnado da UDC, segundo a Resolución Reitoral do 16/10/2017 (consultar nesta ligazón), recoñeceráse un crédito en graos da UDC. Para o PDI da UDC a xornada será incluída na formación do CUFIE.


INSCRICIÓN:
Aberto dende o 26 ata o 2 de decembro do 2019 no seguinte formulario de preinscrición.

Publicado por: Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa