I Premio ao Mellor Expediente de Espazo Compartido

1/07/21 15:58

  • Programa Espazo Compartido
O Programa Espazo Compartido convoca un premio para o mellor expediente académico.
Poderá participar o alumnado do “Programa universitario de formación socio laboral para persoas con discapacidade cognitiva, Programa Espazo Compartido”, da promoción 2019/2021 que obtivese unha cualificación mínima media no seu expediente de 8,5.
O alumnado debe finalizar os estudos, é dicir, obter o título do estudo propio, no curso 2020/2021.

 Bases do I Premio ao mellor expediente de Espazo Compartido  Anexos ao I Premio ao mellor expediente de Espazo Compartido  Resolución provisional ao I Premio ao mellor expediente de Espazo Compartido  Resolución definitiva da concesión do premio

Publicado por: Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa