Convocatoria de dous cursos de formación en lingua galega para o persoal docente e investigador da Universidade da Coruña.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro. O número máximo de prazas dispoñibles é de 80 (40 por curso).
A orde de recepción das solicitudes aplicarase como criterio de selección se houbese máis solicitudes que prazas.
Os cursos, cunha duración de 30 horas comezarán o día 14 de outubro e desenvolveranse a través do Campus Virtual da UDC, ao longo de nove semanas, ata o día 15 de decembro.
Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística