Cormorán Film Fest

5/09/19 14:11
  • Cine Colaboración

Proxeccións en NORMAL do 9 ao 13 de setembro

Luns 9
18:30| Espero a túa (re)volta (Eliza Capai, Brasil)|Película|Sala Cubo
Nun Brasil pre-Bolsonaro, as protestas por unha mellor educación pública fanse multitudinarias, acadando un nivel crítico. Con este documental, Eliza Capai reivindica, a partir dos seus protagonistas, anos de loita social nun país ao borde do abismo.

Martes 10
16:30| Acid (Alexander Gorchilin, Rusia)|Película|Sala Cubo
Sasha e Petya son dous xóvenes rusos sumidos nunha espiral de festa, droga e poucas perspectivas. As súas familias desdéñanos, os seus amigos desaparecen. No medio do frío de Moscú, ninguén sabe moi ben o que está facendo. Unha película cruda e incisiva sobre o estado e as esperanzas dunha xeración perdida.

18:30|Campo (Tiago Espanha, Portugal)|Película|Sala Cubo
Base militar, granxa de abellas, terreo de ornitólogos e gandeiros, bóveda de astrónomos aficionados…CAMPO é o crisol do divino e o humano. Un documental limitando coa fábula que ofrece unha vista de paxaro sobre o mundo e todas as súas cousas.

Mércores 11
16:30|Curtas|Sesión 1|Sala Cubo
-Rapaz
-Iku Manieva
-Benidorm 2017
-Sin mala intención

18:30|Dirty God (Sacha Polak, Holanda)|Película|Sala Cubo
Jade é unha xoven madre inglesa que sobrevive ao cobarde ataque con ácido da súa ex-parella. Coa súa cara marcada de por vida, deberá madurar a pasos axigantados e evitar afundirse na desgracia e impotencia que a leven a autodestruirse. Unha obra poderosísima, coa crueza e a poesía que a loita contra unha mesma (e o mundo enteiro) pode supor.

Xoves 12
16:30|Curtas|Sesión 2|Sala Cubo
-Muñe
-California
-16 de decembro

-Suc de Sindria

18:30| Summer survivors (Marija Kavtaradze, Lituania)|Película|Sala Cubo
Indre, xoven psicóloga, debe escoltar a Paulius, doente bipolar, desde a clínica na que traballa até outro centro. Acompáñalles Juste, que ten tentado se suicidar. Pronto iniciarán unha conversación sobre os seus traumas e esperanzas. Road-movie por ratos tráxica e por outros divertida, indaga nos trastornos mentais e as relacións humanas.

Venres 13
16:30| Die grube (Hristiana Raykova, Alemania)|Película|Sala Cubo
Nos baños termais máis famosos de Bulgaria atópase un microcosmos no que as clases sociais non importan. Un lugar de encontro, na actualidade despreciado por moitos, adorado polos seus usuarios. Un fermoso retrato do paso do tempo de lugares emblemáticos. E o conflicto Estado/Colectivo en El Hoyo del Mar Negro.

18:30| Scheme birds (Ellinor Hallin y Ellen Fiske, Suecia)|Película|Sala Cubo
Gemma é unha chica escocesa dunha barriada industrial. Vive nunha contorna pobre e conflictiva, na que tendrá que pelexar duro por sair adiante. Ellinor Hallin e Ellen Fiske preséntannos un desgarrador documental sobre os trastornos sociais detrás da neglixencia económica. Unha película a corazón aberto, herdeira do Ken Loach máis combativo.

Preme aquí para obter toda a información do Cormorán Film Fest

Publicado por: Cultura