Convocatoria programa de bolsas Santander Progreso, curso 2019/2020

Convocatoria
13/01/20 0:00
  • Bolsas propias Estudantado Pdi funcionario Pdi laboral

Convocatoria do programa de bolsas Santander Progreso, curso 2019/2020

A Universidade da Coruña e o Banco Santander convocan 12 bolsas, cun importe bruto de cada bolsa de 1.000,00 €, para a realización de estudos oficiais de grao ou posgrao (máster) na Universidade da Coruña (UDC), destinadas ao alumnado matriculado no curso académico 2019-20.

O obxectivo do Programa é facilitar o acceso á educación superior aos estudantes cos mellores expedientes académicos de calquera curso de grao e posgrao (máster) e que recibisen unha bolsa de carácter xeral para estudantes que cursen estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso académico 2019/20.

Logo de revisar as bases da convocatoria, para coñecer todas as condicións que nela se establecen, podes presentar a túa solicitude nesta ligazón

O prazo de solicitude remata o 31 de marzo de 2020

Revisa aquí a convocatoria

Publicado por: Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria