Convocatoria de axudas á investigación en lingua galega 2022

7/04/22 9:15

Teses de doutoramento, traballos de fin de grao e traballos de fin de mestrado

Convocatoria correspondente ao ano 2022, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Consellería de Educación, Cultura e Universidade para actuacións en materia de normalización lingüística, cuxo obxectivo é incentivar o emprego da lingua galega en tarefas investigadoras.

 

Persoas destinatarias

Alumnado da UDC que redacte e defenda o seu traballo de investigación en lingua galega. Concretamente esta convocatoria abrangue:

  • os traballos que se defenderon desde o 29/10/2021 ata a data de publicación desta convocatoria e que non concorresen á anterior.
  • os traballos que se vaian defender desde a data de publicación desta convocatoria ata o 31/03/2023.

Axudas

Todas as persoas interesadas en redactaren e defenderen o seu traballo de investigación en lingua galega poderán contar coa asesoramento lingüístico do SNL, que resolverá as dúbidas lingüísticas ou terminolóxicas que se lle presenten ou ben realizará unha revisión total ou parcial dos traballos.

A contía da axuda económica é:

  • 400 euros para as teses de doutoramento
  • 150 euros para os traballos de fin de grao de programas de simultaneidade (no caso de que os dous se defendan en lingua galega)
  • 100 euros para os traballos de fin de mestrado, traballos de fin de grao

Documentación

  • Fotocopia do DNI.
  • Modelo de solicitude debidamente cuberto: DOC ou PDF.
  • Solicitude de pagamento por transferencia e modificación de datos persoais e/ou bancarios, debidamente cuberta (apartados I e V). Non se precisa a constancia da entidade financeira, hai que achegar a certificación da titularidade da conta, que se pode obter a través da banca electrónica.
  • Declaración do/a director/a do traballo en que se faga constar que a súa defensa se fixo en lingua galega:  PDF (asinada dixitalmente).
  • Exemplar do traballo en versión electrónica que se enviará a través deste formulario en liña.

Lugar e prazo de presentación da documentación

En caso de dispoñer de certificado electrónico na Sede Electrónica da UDC.

Tamén no Rexistro Xeral da UDC ou nos rexistros auxiliares do campus universitarios da Coruña e Ferrol ou polos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación da documentación é de  dous meses desde a data de defensa dos traballos que se vaian defender a partir da publicación desta convocatoria.

O prazo xeral remata o 31 de outubro de 2022.

 

 Texto íntegro da convocatoria

Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística