Convocatoria de axudas á investigación en lingua galega 2019

13/03/19 8:34

Teses de doutoramento, traballos de fin de mestrado ou grao e proxectos de fin de carreira

Convocatoria correspondente ao ano 2019, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística para actuacións en materia de normalización lingüística, cuxo obxectivo é incentivar o emprego da lingua galega en tarefas investigadoras.

Persoas destinatarias

Alumnado da UDC que redacte e defenda o seu traballo de investigación en lingua galega. Concretamente esta convocatoria abrangue:

  • os traballos que se defenderon desde o 9/11/2018 ata a data de publicación desta convocatoria.
  • os traballos que se vaian defender desde a data de publicación desta convocatoria ata o 31/03/2020.

Axudas

Todas as persoas interesadas en redactaren e defenderen o seu traballo de investigación en lingua galega poderán contar coa asesoramento lingüístico do SNL, que resolverá as dúbidas lingüísticas ou terminolóxicas que se lle presenten ou ben realizará unha revisión total ou parcial dos traballos.

A contía da axuda económica é:

  • 400 euros para as teses de doutoramento
  • 100 euros para os traballos de fin de mestrado, traballos de fin de grao e proxectos de fin de carreira

Documentación

  • Fotocopia do DNI.
  • Modelo de solicitude debidamente cuberto: DOC, ODT ou PDF.
  • Solicitude de pagamento por transferencia e modificación de datos persoais e/ou bancarios, debidamente cuberta (apartados I e V).
  • Declaración do/a director/a do traballo en que se faga constar que a súa defensa se fixo en lingua galega, co selo do departamento correspondente: DOC, ODT ou PDF.
  • De se tratar dunha tese de doutoramento, unha certificación académica dos estudos de terceiro ciclo
  • Exemplar do traballo en versión electrónica (gravado nun cedé).

Lugar e prazo de presentación da documentación

En caso de dispoñer de certificado electrónico na Sede Electrónica da UDC.

Tamén no Rexistro Xeral da UDC ou nos rexistros auxiliares do campus universitarios da Coruña e Ferrol ou polos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación da documentación é de dous meses desde a data de defensa dos traballos que se vaian defender a partir da publicación desta convocatoria.

Para os traballos defendidos despois do 9/11/2018 deberase presentar igualmente no prazo de dous meses que comeza a contar desde a publicación da convocatoria.

O prazo xeral remata o 31 de outubro de 2019.

 

 Texto íntegro da convocatoria

Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística