Convocatoria bolsas de colaboración formación departamentos. Curso 2020-2021

Convocatoria
21/09/20 0:00
  • Bolsas propias Estudantado

Convocatoria da UDC para bolsas de colaboración para formación complementaria nos departamentos universitarios dos centros propios. Curso 2020-2021

A UDC, co fin de favorecer a formación complementaria do estudantado desenvolvendo a súa formación teórica e práctica, do estudantado matriculado nun centro propio da Universidade da Coruña, en estudos conducentes á obtención dun título oficial de Grao, publica a convocatoria de 52 bolsas de formación complementaria nos departamentos da Universidade da Coruña, dúas prazas por departamento.

Antes de presentar a solicitude é necesario comprobar os requisitos das persoas solicitantes nas bases da convocatoria.

Unha vez comprobes se cumpres os requisitos establecidos deberás presentar a túa solicitude telemáticamente en:
http://bolsas.udc.es 

A persoa solicitante só poderá presentar a súa candidatura en 3 departamentos, por orde de preferencia.

O prazo de solicitude comeza o día 22 de setembro de 2020 e remata as 23:59 horas do día 30 de setembro de 2020

Revisa aquí as bases da convocatoria

Publicado por: Vic. de Estudantes, Participación e Empregabilidade

Novas relacionadas (4)