Conversas coa dirección: Uxía García Fernández e Ignacio Campos Rilo

9/12/19 13:28
  • Cine
Conversas: Isto é NORMAL

Cine: Isto é NORMAL

Sinopse
Isto é Normal é un proxecto que pretende outorgarlle máis relevancia ao Espazo de Intervención Cultural NORMAL, dentro da comunidade educativa da Universidade da Coruña.
Trátase dun documental web interactivo, que inclúe vídeos, fotografías e información sobre os diferentes obradoiros, exposicións e concertos que aconteceron no centro durante o ano académico 2018-2019. Este web doc formou parte do Traballo de Fin de Grao da carreira de Comunicación Audiovisual na propia UDC, e foi defendido en xullo de 2019, obtendo a calificación de
sobresaliente.

Ficha técnica
Formato: web doc
Dirección: Ignacio Campos Rilo
Uxía García Fernández
Idioma orixinal: galego
Duración: 40 minutos
Ano: 2019

Proxeccións:
Edificio de Apoio ao Estudo, 2º andar, aula 2.1, Campus de Esteiro, Ferrol
Xoves 12 de decembro ás 19:00 h
NORMAL, 2º andar, aula 2.3 (sala de cine), Campus de Riazor, A Coruña
Martes 17 de decembro ás 20:00 h

Entrada de balde

Publicado por: Cultura