Convocatoria da 2.ª edición do programa "Xeración Talento" na Universidade da Coruña en colaboración coa Fundación Princesa de Girona. Esta convocatoria ten por obxecto desenvolver na Universidade da Coruña (UDC) o programa "Xeración talento", un proxecto promovido e impulsado pola Fundación Princesa de Girona. A finalidade deste programa é o desenvolvemento de competencias para mellorar a empregabilidade da nosa mocidade, polo que ao estudantado participante se lle ofrecen como premio as ferramentas que precisa para acelerar a súa carreira profesional e acrecentar o seu acceso ao emprego. O estudantado tamén terá a oportunidade de conectar con mozos e mozas de toda España. Así mesmo, unha característica diferencial deste programa é a mobilidade xeográfica para participar nalgunhas das súas actividades por proporcionar a Fundación Princesa de Girona axudas económicas en concepto de desprazamento.
Publicado por: Vic. de Estudantes e Empregabilidade