O lema deste ano do Día das Bibliotecas, "Contra a desinformación, bibliotecas", pon o foco no papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas na loita contra a desinformación, grazas aos seus recursos, coleccións de libros e prensa, bases de datos e un uso adecuado das novas tecnoloxías. A Biblioteca de Filoloxía fixo unha selección de obras que tratan a realidade da desinformación na sociedade contemporánea e os riscos que supón para a democracia.
Publicado por: Biblioteca da Facultade de Filoloxía