Conferencia de usuarios ASPACE

14/03/24 19:00

TÍTULO: Conferencia Tu como yo

CURSO: 1º de Turismo 

MATERIA: Economía da Empresa 

ORGANIZADOR/A: Profesor Jakson Renner Rodrigues Soares e Profesora Rosa María Mariz Pérez 

LUGAR:  Facultade de Turismo

DATA: 14/03/2024

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Usuarios e profesionais da Asociación ASPACE visitaron a Facultade de Turismo para impartir a conferencia "Tu Como Yo" ao alumnado do primeiro curso. A conferencia enmárcase dentro do Proxecto de Aprendizaxe e Servizo, coordinado polos docentes da Materia de Economía da Empresa, Jakson Renner Rodrigues Soares e Rosa María Mariz Pérez.

Neste proxecto, traballamos dende a perspectiva do Turismo Para Todas As Persoas. Nel, o alumnado de turismo resolverá algúns problemas levantados polos usuarios e profesionais de ASPACE, unha asociación que traballa con persoas con parálise cerebral.

Entendemos que a todas as persoas nos gusta a música, o deporte, a gastronomía... e como futuros profesionais do Turismo, comprendemos a diversidade da sociedade.

A conferencia foi impartida polos usuarios Carlos e Yago, e polas usuarias Elena, Begoña e MaríaJo. Na visita tamén estiveron presentes Sandra, Coral e Óscar, persoal de ASPACE.

Un dos temas centrais da conferencia foi o Ocio das persoas con parálise cerebral. O alumnado escoitou as necesidades e os intereses que teñen as persoas con diversidade funcional, así como as barreiras que atopan no día a día.

O alumnado de turismo vai preparar un catálogo de produtos confeccionados no Obradoiro de Cerámica de ASPACE. Deseñarán estratexias para aumentar as vendas e dar a coñecer o traballo desta asociación.

Quedamos coa conclusión de que a diversidade enriquécenos e axúdanos a crecer como persoas. Ademais, comprendemos que somos máis semellantes do que parece.

Tu como Yo - ASPACE

Tu como Yo - ASPACE

Tu como Yo - ASPACE

Publicado por: Facultade de Turismo