Concurso Literario de Escritura Experimental

6/08/19 9:40

Organizan: a FWFF e o Círculo de Ares

1. Participantes. Maiores de 18 anos.
2. Tema. Escritura Experimental.
3. Forma de presentación. Os traballos deberán ser presentados en formato dixital enviándoos á seguinte dirección de correo electrónico: concursowff@gmail.com
4. Cada persoa poderá presentar un relato que deberá ser orixinal na súa totalidade e non publicado anteriormente. Terá que ter como base o emprego dunha ou varias das técnicas de escritura experimental que se mencionan a continuación:
• Utilización dos 5 sentidos.
• Creación dunha personaxe redonda.
• Acotacións perfectas.
• Metáforas temáticas.
• Fantasía adaptada ao sentido da historia.
• Historia onde a metáfora de situación sexa a protagonista.
• Utilización de frases guía para elaborar a historia.
• Descubrir as personaxes a través das súas accións.
• Utilización da música como recurso técnico para guiar a historia.
• Narración con emocións diversas e a súa representación nas personaxes.
• Narración a partir de ideas xa cociñadas.
5. O relato podrá ir acompañado dunha ilustración.
6. Idioma. Galego ou español.
Concurso Literario de Escritura Experimental
7. Elementos de valoración
a) Emprego dunha ou varias das técnicas mencionadas.
b) Resultado final harmónico.
c) A técnica e o estilo, así como o uso de recursos literarios e estilísticos axeitados.
d) Un bo uso da ortografía e da gramática.
e) A ilustración que acompañe o relato.
8. O prazo de admisión abrirase o 6 de xullo e rematará o 6 de agosto de 2019.
9. Como presentar os traballos
• Por correo electrónico. Enviaranse tres documentos en formato PDF:
 No primero incluirase a obra co título e o pseudónimo.
 No segundo documento irán o título da creación xunto cos datos persoais do autor: nome, dirección e teléfono.
 No terceiro, irá unha copia do DNI escaneado.
 Os traballos terán unha extensión mínima dunha páxina e unha extensión máxima de 2 páxinas.
 Deberán presentarse en formato ARIAL, tamaño 12, interlineado simple.
10. Premios:
• As categorías dos premios son as seguintes:
Primeiro premio: 150 euros e un lote de libros.
Segundo premio: 100 euros e un lote de libros.
• O xurado resérvase o dereito a conceder as mencións especiais que considere oportunas. Os participantes obterán o seu correspondente diploma.
• Entrega de premios. O acto de entrega de premios será o sábado 10 de agosto de 2019 en Villa Florentina (sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez) ás 18.30 h.
Concurso Literario de Escritura Experimental
11. Os autores dos traballos presentados renuncian expresamente aos dereitos de uso e explotación da obra presentada, que poderá ser publicada no Facebook e na páxina web do Círculo de Ares e da FWFF.
12. Designarase un Comité de Lectura. O fallo deste Comité será inapelable, podendo declarar desertos os premios.
13. A organización farase cargo das incidencias que poidan xurdir durante o transcurso do Concurso e que non aparezan recollidas nestas bases.
14. A presentación de obras a este Concurso supón a aceptación íntegra e incondicional das presentes bases.

Publicado por: Cultura