Como crear un evento a partir dun email en Office 365 con Outlook Web App

26/03/19 10:55
  • Tecnoloxías da información e a comunicación Consellos e trucos

En moitas ocasións recibimos un correo electrónico que debe xerar unha entrada como evento do noso calendario. Este artigo explica como crear de forma sinxela un evento a partir dun correo electrónico.

É habitual recibir correos electrónicos que nos obrigan a crear un novo evento no noso calendario. É moi sinxelo realizar isto directamente desde Outlook (centrarémonos na versión web, denominada OWA). Para iso, hai que seguir os seguintes pasos:

  1. Co email aberto, seleccionar dentro do menú dos tres puntos (...), a opción de "Responder a todos cunha reunión" (a modo de exemplo, ver captura de pantalla adxunta). 
    •   ResponderatodosEvento
  2. O evento xerado inclúe, por defecto, como convidados a todos os destinatarios e remitentes do email orixinal, pero podemos modificar esta relación, eliminando a todos se se trata dun evento só para nós. Na información do evento inclúese o corpo do correo electrónico orixinal. Lamentablemente, se houbese adxuntos no correo, estes non se incluirán no evento. 
    • Evento desde Email

A isto hai que engadir outras consideracións:

  • Recentemente, Microsoft incorporou a Office 365 a detección automática de datas dentro do corpo dos correos (reservas, eventos, reunións, ...)  electrónicos para poder aceptalas como un evento. Cando é detectado un destes emails ofrecerásenos a posibilidade de incorporalo ao noso calendario. Para máis información, ver ligazón referenciada.
  • Ademais, existen outras formas de xerar unha actividade consecuencia dun correo electrónico, como a de crear unha tarefa a través da ferramenta/servizo TO- DO, pero iso será motivo doutro artigo.

 

Agregar eventos automaticamente desde o seu correo electrónico ao seu calendario

Publicado por: Servizo de Informática e Comunicacións