Dirixido a
Profesionais, licenciados/as e estudiantes que queiran coñecer o traballo en cooperación e educación para o desenvolvemento.
INFORMACIÓN
Datas de impartición: Do día 5 de outubro ao 30 de novembro de 2023
Horario: Xoves e venres de 16:00h a 20:30h
Créditos: 6 ECTS
Modalidade: Presencial
Lugar de impartición: Facultade de Dereito, Aula 2. Campus de Elviña
PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA
- Data de preinscrición: Do 1 ao 21 de setembro de 2023
- Data de matrícula: Do 25 ao 29 de setembro de 2023
REQUISITOS DE ACCESO
Serán admitidas aquelas persoas que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
- Ser titulado universitario.
- Poseer un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
- Acreditar ter superados 180 créditos dos estudios de grao cando nestes créditos esté comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, logo da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
- Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos/as previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno/a.
Os criterios específicos serán os seguintes:
- Terá preferencia o alumnado con titulación universitaria da UDC, o PDI e o PAS.
- Currículum profesional vinculado ao sector das ONGD ou entidades sen ánimo de lucro.
- Ter realizado previamente outros cursos de cooperación uo educación para o desenvolvemento.
- Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como o expediente académico ou unha entrevista persoal (opcional).
DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN
- DNI, pasaporte oU tarXeta de residencia (para extranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
- Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU.
- Certificados da formación previa realizada e relacionada coa materia do posgrao.
- Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o postgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.