Bolsas de formación da Cátedra HM-UDC de Traumatoloxía do Deporte

Convocatoria
5/04/19 15:07
  • Bolsas e axudas

A Cátedra HM-UDC de Traumatoloxía do Deporte pretende promover unha formación de calidade nos campos da medicina, a fisioterapia e a educación física, así como estimular a investigación no ámbito da traumatoloxía do deporte. Trátase duns obxectivos recollidos no marco de actuación de HM Hospitais co fin de promover tamén a formación, a docencia e a investigación, sobre todo no ámbito da medicina rexenerativa de recuperación das lesións deportivas co propósito de continuar avanzando no camiño da excelencia sanitaria. Á fronte están o profesor Dr. Javier Cudeiro, como director  e o profesor Dr. Rafael Arriaza, como coordinador executivo.

A Cátedra HM- UDC de Traumatoloxía do Deporte ofrece dúas bolsas dunha contía individual de 5.000 euros. As bolsas van dirixidas aos médicos con interese no ámbito da traumatología do deporte para realizar unha formación específica neste campo, durante un ano, na Coruña, nun centro de referencia nacional e internacional.

A convocatoria permanecerá aberta desde o 8 de abril ata o 16 de maio de 2019.

Bases da convocatoria

Publicado por: Cátedra HM-UDC de Traumatoloxía do Deporte