Axudas para alumnado do SUG con dificultades económicas para continuar os seus estudos no curso 2019/20

Convocatoria
14/01/20 15:18
  • Bolsas da Xunta

ORDE do 22 de novembro de 2019, da Consellería de Educación, Univ. e F.P., pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2019/20, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).

Prazo de presentación das solicitudes:

  • Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
  •  Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo. Nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2020, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da convocatoria.

Convocatoria publicada no DOG

Información na Xunta de Galicia

Publicado por: Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria