Alerta sobre  correos maliciosos

21/03/19 13:28
  • Tecnoloxías da información e a comunicación

Nestes días estanse a recibir correos maliciosos que veñen de contas de correo da universidade nos que  que se  solicita que introduzamos as nosas credenciais (usuario e contrasinal), premendo nunha ligazón ou que as enviemos por email.

Por favor, é moi importante que nunca introduzas as túas credenciais nesas  ligazóns nin as envíes por email.  Se  lles facilitas ese datos, poden suplantarte e acceder aos servizos da institución coma se foses ti mesmo.

Dende os servizos da Universidade nunca, e baixo ningunha circunstancia, che pedirán o teu contrasinal.

 

Tes mais información adicional destas ameazas de seguridade  na  páxina de novas do Servizo de Informática e Comunicacións da Universidade: https://www.udc.es/sic

 

Cómo podes recoñecer os correos maliciosos?

Porque che redirixen a  unha ligazón onde che piden as túas credenciais.

Che informan ou piden algo que non solicitache.

As veces a gramática ou o texto  non son correcto.

 

Ao final desta páxina tes algúns exemplos dos últimos correos maliciosos recibidos.

 

Por  qué poden chegar  dende contas da universidade?

Porque os donos de esas contas seguramente responderon a un email malicioso ou premeron nun  enlace enganoso e escribiron as súas credenciais (usuario e contrasinal)  . O hacker que consegiu as credenciais, despois as empregou para enviar emails enganosos dende esa conta  de correo a outros usuarios da universidade.

 

Que debes facer se respondiches a algún email enganoso?

Antes de nada cambia a túa contrasinal.

Se dende os servizos informáticos da universidades detectamos que unha conta de correo poda estar comprometida (é dicir, que a está a usar alguén que non é o dono lexítimo da conta de correo) a bloqueamos inmediatamente.

 

Que debes facer cando se reciben emails enganosos?

Incluilos nas carpetas de correo lixo ou spam.

 

O noso consello

Se tes dúbidas non abras o correo

 


 

EXEMPLOS DE CORREOS MALICIOSOS

 

Correo5

 

Correo4

 

Correo3

 

Publicado por: Servicio de Informática y Comunicaciones