As enquisas poden ser cubertas polo alumnado e polo profesorado implicado nas materias do primeiro cuadrimestre, a través da aplicación institucional SIGMA.
O estudantado poderá avaliar as materias e o profesorado, achegar a súa opinión e contribuír á mellora real da docencia e dos títulos. Para o profesorado e os centros, unha participación significativa resulta esencial para dispoñer de resultados representativos e útiles nos procesos de mellora e de avaliación da calidade.
Nesta edición incorpóranse varias novidades orientadas a facilitar a participación do estudantado:
apertura das enquisas durante os períodos de exames oficiais,
incorporación dunha pregunta aberta para engadir comentarios e suxestións,
acceso mediante código QR desde dispositivos móbiles,
incentivos á participación, mediante sorteos de cursos, bonos deportivos e recoñecemento institucional aos centros e títulos con maior participación,
mantemento da iniciativa solidaria ABRIGA, á que a UDC destina unha achega en función do nivel de participación do alumnado.
Pódese consultar máis información sobre a campaña, acceder ás enquisas e descargar os materiais informativos en:
https://www.udc.es/avaliemos
Avaliación da actividade docente
Publicado por: Avaliación da actividade docente