A perspectiva de xénero na investigación, a análise nunha xornada celebrada esta mañá no Centro de Investigación TIC da UDC

Nota de prensa

21/05/24 14:00

  • Institucional

A Coruña, 20 de maio de 2024.- O Centro de Investigacion en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu esta mañá unha xornada de análise da perspectiva de xénero na investigación dirixida a todo o persoal do centro.

 

Eva López Barrio, responsable do programa Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do proxecto Red Innovatia 8.3 do Instituto de las Mujeres, adscrito ao Ministerio de Igualdade, foi a ponente desta sesión formativa na que se abordaron as claves para introducir a perspectiva de xénero na investigación.

 

Durante o encontro, Eva López realizou una introducción sobre conceptos como “sexo” e “xénero” e acerca de como incorporar a perspectiva de xénero tanto á xestión de persoas como á actividade investigadora. Así mesmo, a conferenciante abordou a cuestión de xénero desde o punto de vista organizacional, afondando en como incorporala á planificación estratéxica do centro e á selección de áreas de investigación, e ofrecendo pautas sobre a igualdade de oportunidades.

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC