A Universidade da Coruña ten aberta a matrícula dos cursos de verán

Nota de prensa

28/06/23 14:22

  • Institucional

A Coruña, 28 de xuño de 2023.- A Universidade da Coruña ten aberto o prazo de matrícula para a súa oferta formativa de verán, con máis dunha decena de cursos en diferentes áreas de coñecemento.

A oferta comprende cursos desde o mes de xuño ata setembro. Os cursos teñen un custo de 50 euros para o público xeral e de 30 euros para membros da comunidade universitaria da UDC, alumnado doutras universidades, persoas desempregadas e pensionistas. Ademais, a Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte dispón de catro prazas por curso destinadas á concesión de 4 bolsas de matrícula gratuíta para estudantes da UDC con credenciais de bolseiros/as neste curso académico, concedendo un máximo dunha bolsa por estudante.

 

Os cursos ofertados son os seguintes:

Xuño

  • 9, 12 e 13 de xuño - Modelado 3D con Siemens NX. Módulo 1. Obradoiro Nivel Básico.
  • 14, 15 e 16 de xuño - Modelado 3D con Siemens NX. Módulo 2. Obradoiro Intermedio.

 

Xullo

  • 3, 4 e 5 de xullo - Boas prácticas para a promoción da formación e autonomía das persoas con discapacidade intelectual.
  • 3, 4 e 5 de xullo - Atando redes: Muller, memoria e arquivos na era dixital.
  • Do 3 até o 7 de xullo - A acción da Unión Europea na transición ecolóxica e dixital dos mares e océanos.
  • 6 e 7 de xullo - IV Curso de Verán sobre tartarugas e mamíferos mariños en Galicia.
  • Do 10 até o 13 de xullo - Queres ser un estudante máis eficaz? Xestión do tempo e do estrés na actividade académica.
  • 12 e 13 de xullo - XVI Curso de verán sobre dinamización lingüística, traballando en lingua no lecer.
  • 17, 18 e 19 de xullo - Iniciación ao Modelado BIM de instalacións en edificación con Revit + CYPE. Módulo 1 - Modelado con Revit Arquitectura.
  • 20, 21 e 24 de xullo - Iniciación ao Modelado BIM de instalacións en edificación con Revit - CYPE. Módulo 2 - Modelado de Instalacións con CYPE (fluxo de traballo OpenBIM).

 

Setembro

  • Do 18 até o 21 de setembro - Competencia fiscal. Desenvolvemento económico e  descentralización: impactos nas economías locais.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC