A Universidade da Coruña e o Quantum Center de Fujitsu exploran novas vías de colaboración en materia de investigación en tecnoloxía cuántica

Nota de prensa

26/09/23 13:20

  • Institucional

 

  • O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia Salvador Naya reuniuse na sede do CITC coa nova directora xeral do Quantum Center de Fujitsu, Almudena Justo.

 

A Coruña, 26 de setembro de 2023.- O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Salvador Naya Fernández; e o director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicación (CITIC), Manuel F. González Penedo; veñen de recibir na sede do CITIC ao director do Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), Lois Orosa; e á nova directora xeral do Quantum Center de Fujitsu, Almudena Justo Martínez.

            O obxectivo da reunión, ademais de coñecer á nova directora do centro, foi explorar novas vías de colaboración conxunta entre a UDC e ambos centros en materia de investigación en tecnoloxías de computación cuántica.

            A creación do Quantum Center é froito dun acordo de colaboración entre a multinacional tecnolóxica Fujitsu e o CESGA co obxectivo de colaborar coas universidades galegas para impulsar a investigación en tecnoloxías de computación cuántica e promover o desenvolvemento da industria cuántica a nivel rexional e internacional. Deste xeito, contribuirase á creación de empleo e á atracción de talento, asegurando futuras inversións na rexión.

            Proximamente está prevista a organización dunha xornada dirixida a investigadores desta disciplina, que terá lugar no CITIC.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC