A Universidade da Coruña dá a benvida aos 275 estudantes dos programas de intercambio deste segundo cuadrimestre

Nota de prensa

4/03/26 15:00

  • Institucional
  • Esta mañá celebrouse a Welcome Meeting na Coruña e o venres terá lugar en Ferrol

A Coruña, 4 de marzo de 2026

A Facultade de Dereito acolleu hoxe o acto de benvida aos 275 estudantes estranxeiros que participarán neste segundo cuadrimestre nos programas de mobilidade da UDC. Concretamente, 247 estarán no Campus da Coruña e 28 en Ferrol. 

Con esta cifra, o curso 25/26 pecharase con máis de 700 persoas en programas de intercambio entrante, é decir, procedente doutros países ou doutras áreas de España. Do total de 36 nacionalidades diferentes, as cinco de maior presenza son Italia, México Alemania, Polonia e Francia.

O maior número chegou no primeiro cuadrimestre. cando o estudantado de intercambio na institución coruñesa ascendeu a 436 persoas -un total de 374 en Coruña e 62 en Ferrol-.

A “Welcome Meeting” tivo lugar no salón de graos da Facultade de Dereito e contou coa presenza do adxunto de Mobilidade e Convenios da UDC, Bruno Casal Rodríguez.  O obxectivo foi darlles a coñecer a institución universitaria, así como os principais servizos dos que precisarán facer uso ao longo da súa estadía na Universidade.

O alumnado participante foi informado do calendario académico e recibiu explicacións sobre a tramitación administrativa relacionada co seus contratos de estudos de mobilidade.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC