A profesora Ángela Llano, que imparte o Taller de Conversa en Lingua Inglesa no Campus da Coruña da Universidade Sénior, o programa universitario para maiores da Universidade da Coruña, participou entre o 7 e o 11 de maio na segunda das mobilidades para a aprendizaxe no marco do Proxecto Erasmus+ KA204 nomeado “TIC Tac +55 - Técnicas de Aprendizaxe Combinadas no ensino das TIC para persoas maiores de 55 anos”.
No proxecto “TIC Tac +55” participan un consorcio de Programas Universitarios para Maiores do estado español (A Coruña, Alicante, Castellón, Málaga e Salamanca), liderados pola UMA. A través das mobilidades, docentes destes cinco programas universitarios coñecerán diferentes recursos e metodoloxías que fomenten a aprendizaxe de competencias dixitais no alumnado adulto e maior. Como resultado, será elaborado, de xeito colaborativo polos participantes, un manual e serán desenvolvidos obradoiros e conferencias nas institucións participantes para a divulgación dos principais aspectos traballados.
Neste senso, esta segunda movilidad, desenvolvida no Centro de Formación Continua da Universidade Comenius de Bratislava (Eslovaquia) tivo como tema principal a “Implementación de ferramentas tecnolóxicas para a mellora da aprendizaxe en persoas maiores”. No curso, os participantes tiveron ocasión de comprobar in situ a aplicación de diferentes ferramentas dixitais e xeitos de ensino e avaliación en dito centro. Tamén leváronse a cabo diferentes visitas a institucións culturais eslovacas como o centro Danubiana.
Publicado por: Universidade Senior