A Coruña, 12 de setembro de 2025.- A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2025, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Arteixo, a 4ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro, na Capela do Balneario en Arteixo.
A inscrición será gratuíta e poderá realizarse do 15 de setembro ao 8 de outubro, tanto en liña, a través da páxina web https://universidadesenior.org/arteixo/, como de maneira presencial no Departamento de Educación do Concello de Arteixo.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
Clausura e xornada cultural na Coruña
O Programa formativo rematará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o día 19 de novembro de 2025.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Arteixo e maila súa comarca, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como vén facendo en diferentes localidades e comarcas deste o ano 2018.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC