A UDC acolle a case 500 alumnos estranxeiros no presente curso académico

Nota de prensa

6/10/25 14:13

  • Institucional

 

  • A cifra incrementarase coa chegada do estudantado no segundo cuadrimestre

 

  • Os países de procedencia son, na súa maioría, Italia, México, Alemaña, Francia e Polonia

 

A Coruña, 6 de outubro de 2025.- Un total de 488 estudantes estranxeiros farán unha mobilidade entrante na Universidade da Coruña neste curso académico 2025/26, cifra que se verá incrementada no segundo cuadrimestre, cando chegue o alumnado que realice o seu intercambio na segunda parte do curso escolar.

 

A UDC celebrou recentemente un acto de benvida aos máis de 400 alumnos e alumnas estranxeiros procedentes, na súa maioría, de Italia, México, Alemaña, Francia e Polonia, os cales que se incorporaron como estudantes de intercambio neste primeiro cuadrimestre.

 

Por áreas de coñecemento, destaca o estudantado de Ciencias Xurídicas e Sociais, o cal supón un 40,9% do total, seguido da Enxeñaría e Arquitectura, que supera o 30% (32,8%). Xa moi por debaixo, estarían as Artes e Humanidades cun 13,6%, as Ciencias da Saúde cun 6,6% e as Ciencias, cun 6%.

 

No que respecta á mobilidade nacional, un total de 57 estudantes viñeron á UDC procedentes doutras universidades españolas.

 

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC