A Facultade de Economía acolle o acto de benvida ao alumnado estranxeiro na UDC do segundo cuadrimestre

Nota de prensa
11/02/19 13:06
  • Institucional

A Coruña, 11 de febreiro de 2019.- O salón de actos da Facultade de Economía e Empresa acollerá mañá, martes, 12 de febreiro, o acto de benvida ao alumnado estranxeiro que vén no segundo cuadrimestre á Universidade da Coruña.

O reitor da UDC, Julio Abalde, abrirá o acto ás 10:30 horas, xunto coa vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, e a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor.

Ás 11:00 horas intervirá a directora da Oficina de Relacións Internacionais. O programa continuará cunha breve actuación do Coro Universitario para despois dar paso aos representantes das asociacións de estudantes Erasmus Student Network - ESN Coruña, Association des Etats Généraux des Etudiants de l'Europe – AEGEE Coruña, e a Asociación Hercle. Finalmente, presentaranse algúns dos servizos da Universidade de interese para o alumnado como Deportes, Cultura, Voluntariado, Medio Ambiente, Igualdade e o Centro de Linguas.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC