A Escola Politécnica Superior de Ferrol acolle un Workshop sobre simulación de procesos os días 24, 25 e 26 de abril

Nota de prensa
15/04/19 14:26
  • Institucional

Ferrol, 15 de abril de 2019.- O Grupo Integrado de Enxeñaría (GII) da Universidade da Coruña e a empresa FlexSim organizan, os días 24, 25 e 26 de abril, entre as 15:30 e as 20:00 horas, un Workshop sobre simulación de procesos industriais e loxísticos na Escola Politécnica Superior (EPS). Ao longo dos tres días, os asistentes estudarán casos de éxito de aplicación de simulación na industria e participarán nun training no que se lles amosará, paso a paso, como desenvolver estes modelos con FlexSim 3D.

A actividade, de carácter gratuíto, está dirixida a estudantes, profesorado e persoal de empresas interesado na temática. Só quedan prazas dispoñibles para o último destes colectivos. As persoas ou entidades interesadas en participar no Workshop poden reservar a súa praza enviando un email cos seus datos a iberia@flexsim.com.es. 

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC