A Cátedra de Dereito Local organiza unha xornada sobre a nova lei de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana en Galicia

Nota de prensa
6/06/19 13:42
  • Institucional

A Coruña, 6 de xuño de 2019.- O salón de actos da Facultade de Dereito acollerá mañá a xornada “As entidades locais perante a entrada en vigor da Lei 1/2019, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia”, organizada pola Cátedra de Dereito Local UDC-Deputación da Coruña.

Esta nova lei, que entrou en vigor o pasado mes de maio, é a primeira lei galega que afronta un desenvolvemento da estratexia común europea en materia de rehabilitación e desenvolvemento sustentable. Achega importantes novidades polo que esta xornada de mañá é moi necesaria para facer unha análise da mesma.

O programa comezará ás 10:00 horas coa apertura a cargo dos profesores Carlos Amoedo Souto e Javier Sanz Larruga.

10:15h. “As estratexias de renovación urbana en contexto”. M. Rosario Alonso Ibáñez, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Oviedo. Ex-directora xeral do solo e políticas urbanas do Ministerio de Vivenda.

11:15h. “Novidades e claves regulatorias da Lei 1/2019”. Juan Raposo Arceo, profesor titular de Dereito Civil da Universidade da Coruña.

12:15h. “O impacto da Lei 1/2019 nas políticas de rehabilitación e rexeneración urbana dos concellos”. Carlos Pérez González, xefe do servizo de planeamento e xestión do solo do Concello da Coruña.

16:00h. “A Lei 1/2019 e a promoción inmobiliaria da rehabilitación en Galicia”. Juan José Yáñez Martínez, secretario xeral de Aproinco.

17:00h. “A Lei 1/2019 desde a perspectiva da protección do patrimonio cultural”. Teresa Nieto Freire, arquitecta facultativa da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Sección de Patrimonio cultural do Consello da Cultura Galega.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC