A Coruña, 5 de novembro de 2018.- A Cátedra UDC-everis de Transformación Dixital, que dirixe a profesora Adriana Dapena, organiza mañá, martes, 6 de novembro, unha xornada sobre a cadea de bloques, “blockchain” na aula 3.2 da Facultade de Informática ás 15:30 horas.
Participarán Victoria Torres, Digital & Blockchain Leader de everis; Alejandro Castro, Technical Manager de everis, e Antonio Comesaña de Agalbit.
Esta xornada ten o obxectivo de explicar que é “blockchain”, onde a cando se emprega así como analizar cómo se está implantando en Galicia e en España. Previamente, pola mañá, ás 12:30 horas, haberá unha reunión de traballo no Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC) dos participantes nesta xornada cos grupos de investigación do CITIC.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC