Proxectos anteriores

2017-2018

"Diversidade funcional infantil, emigración maternal en Nicaragua: tecendo redes": Proxecto de Cooperación Xunta de Galicia

 

2014-2016

"Neuromodulación mediante técnicas non invasivas e a súa aplicación ao estudo do sistema visual en primates non humanos: efectos psicofísicos e neuronais": convocatoria FPI.

 

2010-2012

"Papel das conexións feedback no procesamento visual": gracias á financiación ofrecida por MINECO pudiéronse estudar as conexións de retroalimentación entre o córtex motor, o córtex visual primario e o núcleo xeniculado lateral do tálamo e o seu papel no procesamento visual.

 

2009-2012

"A realidade virtual como terapia de apoio na enfermidade de Parkinson e en maiores": en colaboración co Instituto de Investigaciones Tecnológicas de la Universidade de Santiago, desenvolvimos unha terapia que mellora o movimento dos enfermos de Parkinson en realidade virtual. O obxectivo conseguido era o de buscar unha vía alternativa que posibilite, por imitación, a estimulación dos mecanismos de control do movimiento. O proxecto foi financiado pola Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación de la Xunta de Galicia.

 

2008-2009

Diverciencia – "Curto-Circuitos de Neurociencia": foi unha actividade financiada pola Dirección Xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación da Xunta de Galicia e dirixida a nenos de 8 a 9 anos que realizaban talleres neurocientíficos para acercarse ao fascinante e complexo mundo do sistema nervioso humano. Celebrouse en diferentes colexios da provincia da Coruña.