Asociámonos con algunhas das universidades máis destacadas de Europa para establecer unha nova Alianza, chamada Universidade Europea para o Cerebro e a Tecnoloxía (NeurotechEU). NeurotechEU poñerá en marcha un programa de capacitación integral para estudantes de Grado, Máster e Doutoramento, así como de educación ao longo da vida. Formaremos a todos nunha contorna intersectorial e axudarémoslles a converterse nos futuros líderes transformadores da sociedade, a industria e a academia. Máis aló da súa misión educativa, a investigación de NeurotechEU facilitará a innovación tecnolóxica e social á vez que proporcionará capacitación profesional multidisciplinaria e intersectorial a científicos e enxeñeiros, promovendo o acceso directo á infraestructura de vangarda para a investigación fundamental, traslacional e aplicada para axudar a Europa a converterse no líder mundial en investigación cerebral e neurotecnoloxías. A UDC intégrase neste proxecto como institución asociada, a través do grupo NEUROcom.
Alimentación e funcionamento cognitivo: ¿Tomamos peores decisiónss por dispoñer de demasiada comida, demasiado fácil de conseguir? (2020-2022)


![]()
