Verónica Robles García

Verónica Robles é personal docente e investigador no Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña dende o 2014. Traballou en diferentes centros de neurorrehabilitación ata que, despois da súa colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional en Nicaragua, Las Segovias, comezou a súa formación máis específica en Neurociencia. Do ano 2008 ao 2010 realizou o Máster de Neurociencia da Universidade da Coruña e continuou co Programa de Doutoramento no grupo NEUROcom. Durante a súa etapa predoutoral (cun contrato de formación de profesorado universitario) tpmou parte de diferentes proxectos de investigación sobre Parkinson, fatiga, marcha e realidade virtual empregando técnicas de rexistro como electromiografía ou a estimulación magnética transcraneal.

No 2015, obtivo o Doutoramento Internacional y o Premio Extraordinario de Doutoramento (2016) gracias ao traballo titulado "Virtual Reality: a validated and effective tool to evaluate and treat finger movement impairments in Parkinson's disease" dirixido polo Dr. Pablo Arias e o Dr Javier Cudeiro. Na actualidade, segue a formar parte do grupo de investigación NEUROcom e imparte docencia no Grao de Fisioterapia e en diferentes másters. Realizou varias estancias de investigación na Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade de Southampton, colaborando en proxectos sobre a funcionalidade de membros superiores tras un ictus (fatiga, estimulación eléctrica funcional, tarefa dual, estimulación transcraneal con corrente directa, etc.).

 

Interese científico

Na actualidade, o seu interese científico é doble: por un lado, o estudo dos mecanismos neurofisiolóxicos subxacentes ao movimento con e sin patoloxía, e polo outro, desenvolver ou optimizar estratexias fisioterapéuticas que melloren o control de movimeento en persoas con patoloxías neurolóxicas. Recentemente, comezou unha liña de investigación na infancia; estudando o control de movimento durante o desenvolvemento, e a súa facilitación cando existen alteracións. Ademais, o seu interese no contexto da diversidade infantil evidénciase na coordinación dun programa de fisioterapia voluntaria nun colegio de educación especial, así como en diversas accións que promoven a inclusión dos nenos con diversidade. Forma parte da Xunta Directiva de la Sociedade Española de Fisioterapia en Pediatría e é membro da Academia Europea de Discapacidad Infantil. É investigadora principal no proxecto DISEMINAR; financiado pola Xunta de Galicia-Cooperación Galega no que se pretende abordar a problemática dos nenos con diversidade en Nicaragua traballando dende unha perspectiva multidimensional con investigadoras do ámbito educativo, social e da saúde.