Pablo Arias Rodríguez

Pablo Arias é Doutor en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e Profesor da Facultad de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. Dende o ano 2008 e ata a actualidade encárgase de coordinar a liña de investigación en control motor humano e neurorrehabilitación do grupo NEUROcom. A súa formación predoutoral foi desenvolvida no propio grupo NEUROcom, e ha realizou periodos de formación postdoutoral no Laboratorio de Exploración funcional e Neuromodulación do Sistema Nervioso (FENNSI) do Hospital Nacional de Parapléjicos de Toledo; na Unitat d’electromiografía del Hospital Clinic de Barcelona, e no Laboratoire d'Imagerie Biomédicale da Universite Pierre et Marie Curie en París; baixo as supervisión do Dr. Antonio Oliviero, do Dr. Josep Valls-Solé, e da Dra. Véronique Marchand-Pauvert, respectivamente.

Participou en diversos proxectos a nivel nacional e autonómico e actualmente é investigador principal do proxecto “Adestramento da marcha combinado con estimulación cerebral non invasiva para reducir a fatiga e o risco de caídas en maiores” financiado polo Plan Nacional de I+D+i 2017, dependente do Ministerio de Economía e Empresa.

 

Interese científico

Os seus intereses de investigación principais están centrados en comprender as expresións centrais da fatiga producida polos distintos tipos de movimentos e contraccións musculares, con especial interese na marcha, tanto a nivel fisiolóxico e do envellecemento como en trastornos do movimento, así como as posibles estratexias para controlar o desenvolvemento da mesma e as súas consecuencias. Outro foco de interese está centrado en comprender os procesos que regulan a aprendizaxe motora e as súas posibles aplicacións na neurorrehabilitación do sistema motor.

Para iso as abordaxes experimentais que domina inclúen rexistros de natureza biomécanica e neurofisiolóxica, empregando técnicas como a estimulación magnética trascraneal de pulso simple e par de pulsos para evaluar a excitabilidade cortico-cortical e corticoespinal, ou a estimulación eléctrica percutánea para evaluar a excitabilidade espinal. Nalgúns casos estas técnicas combínanse con técnicas de neuromodulación e realidade virtual.