Lucía Adán Arcay

Lucía Adán é Licenciada en Criminoloxía pola Universidade de Barcelona. Tras uns anos traballando como analista na Corte Penal Internacional da Haya (Países Baixos), no ano 2016 obtivo o título de Máster en Neurociencias na Universidade de Santiago de Compostela para o que realizou o seu traballo de fin de máster co grupo NEUROcom, introducíndose no estudo da Fisioloxía. Pertence á Sociedade Española de Neurociencia e tras obter unha beca da Xunta de Galicia realiza os estudos de Doutoramento en Neurociencias no laboratorio da Facultade de Ciencias da Saúde co proxecto "Estudo do efecto das técnicas de estimulación cerebrais non invasivas en comportamentos adictivos en humanos". Tamén imparte en la misma facultad las clases prácticas para alumnos de Grao en Fisioterapia e Terapia Ocupacional dende o curso 2018-2019.

 

Interés científico

Durante toda a súa carreira universitaria os seus intereses centráronse no estudo da delincuencia e a drogodependencia, polo que sempre estivo interesada en afondar no análise das conductas adictivas en humanos, comenzado co máster e continuando coa súa tese de doutoramento coa que pretende non soamente entender as bases fisiolóxicas da adicción ao tabaco, senón tamén buscar un tratamento que mellore a calidade de vida dos adictos a esta substancia. Nun futuro espera extrapolar os resultados ao tratamento de outro tipo de drogodependencias.