Jennifer Paz é graduada en Bioloxía pola Universidade da Coruña (2018). Ese mesmo ano comenzou os seus estudos de Máster de Bioinformática e actualmente realiza o seu traballo de final de máster no grupo NEUROcom. Este traballo, dirixido por José L. Pardo e Carmen de Labra, leva por título "Papel da corteza prefrontal na toma de decisións, el aprendizaxe de reglas e memoria de traballo” dentro do proxecto “Papel dos circuitos de retroalimentación no procesamento visual e a memoria de traballo”.
É tamén estudiante do programa de Doutoramento en Neurociencias na Facultade de Ciencias da Saúde. A súa tese enmárcase dentro do proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación “Alimentación e funcionamiento cognitivo: ¿tomamos peores decisións por dispoñer de demasiada comida, demasiado fácil de conseguir?” e esta dirixida polo seu líder, José L. Pardo e tamén por Casto Rivadulla.
Interese científico
Dende que iniciou a súa carrera universitaria, os seus intereses enfocáronse na investigación neurocientífica, traballando en diferentes proxectos. Co seu traballo final de máster comezou a empregar as técnicas de estimulación magnética transcraneal do laboratorio e decidiu continuar o seu camiño dentro da investigación a través do seu proxecto de tese, co que poderá introducirse máis de cerca no proceso de toma de decisións.