Co Máster en Enxeñaría Mariña adquirirás as competencias a nivel de xestión para o desenvolvemento da actividade profesional de Xefe/a de Máquinas da Mariña Mercante segundo o STCW (Standards of Training, Certification and Watchkeeping).
Adquirirás competencias para o desenvolvemento de actividades de inspección tanto no ámbito da Administración, como das sociedades de clasificación. Tamén poderás traballar dentro da administración marítima, navieiras, estaleiros e instalacións enerxéticas e industriais.
Ademáis de todo o anterior, adquirirás os coñecementos necesarios para dar inicio á actividade investigadora e a elaboración dunha tese de doutoramento.
Díptico Máster en Enxeñaría Mariña (descarga en pdf)
Acceso a todos os trámites de preinscrición e matrícula